miércoles, 29 de enero de 2014

AS CONSECUENCIAS DO USO ACTUAL DOS RECURSOS ENERXÉTICOS


Grazas á enerxía a sociedade tivo a posibilidade de avanzar social e economicamente, pero na actualidade o consumo de enerxía aumentou de xeito considerable, debido ao aumento demográfico e as nosas necesidades actuais, e isto leva a un consumo enerxético insostible.
O consumo excesivo da enerxía (que abastece aos países desenvolvidos), trae as seguintes consecuencias:
-Esgotamento das enerxías non renovables.
-Desigualdade enerxética.
-Impacto no medio ambiente.
-Cambio climático.

1.    ESGOTAMENTO DAS ENERXÍAS NON RENOVABLES.
A gran parte da enerxía que empregamos e consumimos son enerxías non renovables, é dicir, que se encontran de xeito limitado e se consumen máis rápido do que se xeran. Estas son de orixe fósil, que se transforman en carbón, petróleo ou gas natural, e teñen un proceso de formación de millóns de anos, polo que se acabarán esgotando. O mundo é moi dependente destas enerxías, o que implicará que cando se vaian esgotando o prezo destas dispararase e non serán rentables.
Só un 9% da enerxía consumida en España é renovable. Unha das súas características é máis limpa, polo que practicamente só contamina na fabricación dos xeradores.
Temos que decatarnos de que estamos privando ás xeracións vindeiras da materia prima tan valiosa, para facer avances máis importantes, e á vez, destruíndo cos contaminantes que liberamos ao producir combustible, o planeta.
 
unidades.climantica.org

2.    DESIGUALDADE ENERXÉTICA.

A enerxía ten un peso importantísimo na nosa vida diaria chegando a ser unha necesidade básica, estamos tan acostumados a utilizala para case todo, ata para escribir este texto. Non nos decatamos do que temos e que hai países nos que non posúen tanto porque como sucede en case todo hai unha parte económica que fai que o reparto enerxético sexa desigual, tendo máis acceso a ela, normalmente nos países cun pib superior. Podemos falar do protocolo de Kioto como exemplo de problemas enerxéticos. No 2012 todos os países tiñan que reducir o seu consumo enerxético e emisión de gases invernadoiro nun 5 por cento pero por culpa disto xorden dous problemas. O primeiro que aínda que se chegara a cumprir as metas esperadas non se conseguiría vencer o quecemento global. O segundo e que non se cumpren xa que se pode xogar coa compra de emisións, polo que está ben claro que mentres haxa interese económicos por medio non se solucionará nin a contaminación nin a desigualdade enerxética.
genteecologica.blogspot.com


3.IMPACTO NO MEDIO AMBIENTE.
Co paso do tempo as necesidades dos seres humanos foron cambiando e aumentando, e con elas o uso de enerxía ata converterse nun consumo irresponsable.
Un exemplo é a contaminación luminosa, provocada por un uso excesivo da luz eléctrica, que hoxe en día, podemos dicir que é unha necesidade, pero o seu continuo uso pode causar graves impactos, sobre o medio ambiente. Hai moitas especies de aves e insectos que están en perigo, debido a que as aves que migran vense atraídas pola luz, por esa razón acaban desorientándose e morrendo.
O consumo actual da luz eléctrica, non só produce impacto no medio ambiente, tamén sobre nós, podendo chegar  a causar dores.
Para xerar a enerxía necesaria para toda a poboación, utilízanse principalmente fontes de enerxía non renovables, os combustibles fósiles, pero na súa produción en centrais térmicas, centrais nucleares,… prodúcese unha gran cantidade de residuos como compostos tóxicos que se expulsan a atmosfera, e contribúen ao cambio climático, ou os residuos radioactivos, que poden causar grandes problemas se non son eliminados de xeito controlado.
O CO2 é o principal gas de efecto invernadoiro, estes procesos para xerar enerxía emiten este gas, isto trae terribles consecuencias. Por esa razón en 1997 firmouse o protocolo de Kioto, no que varios países se comprometeron a reducir a súa produción de CO2. Pero algún país como por exemplo España, supera os límites establecidos nese protocolo. Tamén hai que dicir que afortunadamente existen algúns que reduciron a emisión deses gases.
Debido ao grave impacto que o ser humano causa sobre o medio ambiente, arredor do século XX, comezouse a producir enerxía, procedente de fontes renovables e mediante procesos menos contaminantes, polo que son coñecidas como enerxías “limpas e verdes”.
Pero estas enerxías non son completamente ecolóxicas, polo que poderíamos pensar que tamén son prexudiciais para o medio ambiente, e se é así, porque se utilizan?
Estas enerxías aínda que non o pareza producen un impacto no medio ambiente, pero é menor que as non renovables e ademais a maior parte delas non necesitan tanto mantemento, polo que teñen menos gasto económico. Pero a maior parte da xente non coñece que tamén teñen aspectos negativos.
Todas as centrais que producen enerxía a través de fontes renovables teñen vantaxes, pero tamén teñen unha serie de inconvenientes:
-A construción destas centrais necesita unha gran extensión de terreo que queda inutilizado para calquera outro uso, e iso fai que se destrúan ou se alteren ecosistemas e se reduza a biodiversidade.
-Algúns dos paneis solares está feitos cun gas, o NF3, que contribúe ao quecemento global, incluso máis que o dióxido de carbono.
-Algunhas das centrais de enerxía renovable producen un impacto acústico, por exemplo os aeroxeradores que producen un forte son, que pode chegar a ser o causante de fortes dores de cabeza ou estrés.
- Tamén producen un impacto visual, como os aeroxeradores ou as centrais hidráulicas.
-Os aeroxeradores poden poñer en perigo aos animais voadores.
-Non só iso senón que algunhas non son tan eficientes, como os combustibles fósiles, xa que dependen de factores meteorolóxicos, as hidráulicas, as solares e as eólicas.
 plantamer.blogspot.com


4. AS CONSECUENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO.
O cambio climático é o cambio estable do clima, que pode suceder nunha zona concreta ou en toda a Terra, e ocorre durante un tempo, que pode variar entre varios anos, miles de anos ou millóns de anos, isto afecta ao medio.
ecologiaverde.com
Hai varios anos os científicos comezaron a alertar sobre o aumento da temperatura media do noso planeta e o aumento da emisión de gases que contribúen ao efecto invernadoiro, e polo tanto ao cambio climático.
O home é o culpable desta situación, debido principalmente a explotación inadecuada dos recursos enerxéticos, que produce un consumo insostible.
Na actualidade, existen asociación que intentan advertirnos dos graves impactos que estamos causando no medio ambiente, entre elas atópase Greenpeace, que ten como obxectivo, facer que se reduza a emisión de CO2. Se esta emisión non se reduce os problemas serán maiores e máis graves.

O clima do noso planeta sempre sufriu cambios, pero actualmente,  estase percibindo que está cambiando excesivamente nas últimas décadas.
Isto acarrexa unha serie de consecuencias debastadoras para o futuro da Terra ,  e o principal responsable é o sector enerxético.
Estas son as principais consecuencias:
1. O aumento da temperatura terrestre é a principal causa. A tendencia ao quecemento global nos últimos 50 anos foi de 0.13ºC.
2. Aumento do nivel e da temperatura do mar: Dende 1961, o nivel medio de aumento do mar é de 1,8mm/ano, e pon en perigo a cidades que se atopan en lugares costeiros.
3. Grandes cambios na temperatura media , pois o Ártico está diminuíndo en gran escala(5.3 millóns de kilómetros menos ca en 1979), o que provocará á súa vez fortes oleaxes, inundacións , sequías e os chamados “refuxiados climáticos”.
4. Perigo de extinción de variedade de especies: Ata un 30% de especies vexetais e animais poderían desaparecer nos vindeiros anos se segue ascendendo.
5. Impactos sobre a saúde humana: Haberá máis falecementos , persoas enfermas e malnutridas debido a cambios meteorolóxicos.
6. Desastres económicos, pois afecta á agricultura e á gandaría ralentizando o traballo en outros sectores económicos.
rinconesdelatlantico.com    
climaticocambio.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario